RETRINCOS
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN

FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Esther García Silva, Manuela Varela e Esteban Losada.


POSTA EN ESCENA:
É un espectáculo especialmente adicado ós máis pequenos. Consta de catro historias que se poden seguir de modo independente. As personaxes que serven de unión entre as historias son Antón Peruleiro e Alicia. Emprégase a luz ultravioleta e mestúranse títeres de luva e marotte con obxectos.

SINOPSE :
Alicia e ó seu amigo Linocho son enganados e atracados por un falso cego que resulta ser o Coco.  Os nenos choran desconsolados, e non se atreven a regresar as súas casa sen os seus libros. Antón Peruleiro, aprendiz de mago, enternecido,  ofréceselles para envialos ó país de o Coco e así poder recupera-los seus libros.
Os nenos aceptán pero expedición "tórcese" e o Coco foxe a     súa illa levando a Linocho preso.
Alicia vai tras eles o logo de pasar polos países da maldade, o mundo matemático, e a antigüedade clásica chega a illa de Zampallo onde, coa axuda da gaivota Marota, consegue liberar a Linocho e recupera-las súas posesións.